Ferré, PedroFernández, José Luís RodríguezVilar, Maria Jesus Botana2017-02-272017-02-272016-01-252015http://hdl.handle.net/10400.1/9007Tese de doutoramento, Literatura, Faculdade de Ciências Humanas e Sociais, Universidade do Algarve, 2016A nosa investigación tenta analizar e reflectir, desde un punto de vista filolóxico e literario, sobre o léxico afectivo nas Cantigas de Santa María, de Afonso X o Sabio. Ora ben, dado que este cancioneiro consta de máis de catrocentas composicións, entre cantigas narrativas - ou de milagre - e as de loor, centramos o noso estudo nas segundas. Mais a nosa escolla non só se debeu á dificultade de abordar tamaño número de composicións, senón tamén ao feito de que as cantigas de loor forman un bloque compositivo perfectamente estruturado e son ‘cantigas de amor ao divino’, ou sexa, fraguadas nos moldes da cantiga de amor profana. Para levar a cabo esta investigación tivemos que realizar un paso previo, isto é, un Pre-proceso que consistiu en crear a nosa propia base de datos, tomando como referencia a edición de Walter Mettmann (Clásicos Castalia); o paso seguinte foi procurar un software que, aplicado a este corpus, nos permitise obter un índice contextualizado e porcentual do uso de cada un dos vocábulos. A segunda fase da nosa investigación consistiu en clasificar os campos semánticos, para o que tivemos en conta os motivos que definen o proceso amoroso nas cantigas de loor, así como definir as familias léxicas que os compoñen. Todo isto permitiunos examinar como o rei Sabio, botando man do vocabulario estereotipado para a lírica trobadoresca, o resemantiza para crear un novo código estético, o cal está deseñado a partir da confluencia de varias tradicións, entre as que sobresaen os himnos litúrxicos, a teoloxía e a cantiga de amor. Fusión da que xermolan composicións ataviadas estruturalmente con roupaxes profanas e conceptualmente deseñadas sobre o que denominamos amor caritativo.spaO léxico da afectividade nas Cantigas de Santa Mariadoctoral thesis101289731