Noia Campos, Camiño2012-09-182012-09-1820050873-0547http://hdl.handle.net/10400.1/1652Neste artigo analízase a única versión do tipo 505 (The Grateful Dead) rexistrada en lingua galega comparándoa coa versión portuguesa recollida por Maria Leonor Buescu, en Monsanto da Beira (Portugal). Despois de presentar os argumentos dos dous contos e o da antiga fonte escrita do conto, O Libro de Tobías da Biblia, o estudo céntrase na figura do “morto” como elemento caracterizador do conto galego. Este personaxe está representado por un aparecido que ven do Outro Mundo en busca dunha persoa que lle pague as débedas para poder obter a salvación eterna. Fálase das características dos mortos que regresan do Purgatorio, coñecidos como aparecidos, e da responsabilidade da Igrexa como produtora das crenzas sobre os mortos que precisan axuda dos vivos para conseguir o Paraíso. Na última parte do artigo trátanse as relacións entre oralidade e escritura, exemplificando co traxecto percorrido polo conto galego.spaA evolución do tema do morto agradecido nunha versión galegajournal article