Loading...
1 results
Search Results
Now showing 1 - 1 of 1
- A escritura que ilumina. O legado epistolar de José Mejuto Bernárdez (preso antifranquista, 1936-1937)Publication . Alonso Montero, Xesús; Rodriguez-González, Olivia; Mejuto Soba, Ana PaulaOs autores deste libro demos a coñecer en varios foros e publicacións, desde 2013, a insólita historia das cartas de José Mejuto Bernárdez. Este obreiro republicano fíxoas chegar á súa familia durante os meses de prisión que precederon o consello de guerra do exército sublevado en 1936, que o 12 de maio de 1937 o condenou a morte en Pontevedra. As cartas posúen por moitas razóns un carácter extraordinario. Durante 78 anos permaneceron no ámbito privado dunha familia de Cangas do Morrazo (Pontevedra) terribelmente golpeada pola guerra civil. Sobreviviron a esta e á primeira posguerra en terra hostil e resistiron a emigración a Arxentina —no fondo, un desterro político— do grupo familiar encabezado por mulleres. A viúva, Alejandra Nogueiras Lagoa, foi quen de levalas consigo como cartas de amor que nunca deixaría de reler. Só a morte en 1988 a separaría delas. Tempo despois, unha das netas ofreceuse como depositaria das cartas que coñecera dende nena nas mans da avoa e fixo delas unha lectura atenta. A conmoción que lle produciron a esta neta, Ana Paula Mejuto, cambiaría, segundo explica ela, a súa vida. A partir dese intre procurou canles para darlles nova vida e encetou a escritura dun libro de memoria familiar que logrou rematar en 2009. Mejuto recobraba a vida a través da escritura, na compaña sempre rememorada do outro avó, o rioxano de Cameros Pablo Soba Arenzana, ao que nin tempo lle deixaron para dicir nada, antes de ser paseado en 1936. Tiña Ana Paula Mejuto a convicción de que os dous crimes de guerra deixaran nos descendentes unha fonda pegada en forma de desacougo que nalgúns casos se manifestaba como doenza ou mesmo infortunio. Vía preciso ordenar, narrar e transmitir esa historia familiar oculta tanto tempo. Porque, se daba convertido en memoria pública a que durante tanto tempo fora memoria familiar, de silencio e resistencia, quizais lograría a curación desas feridas da alma.