dc.contributor.author | Lama López, Maria Xexús | |
dc.contributor.editor | Botana Vilar, María Jesús | |
dc.contributor.editor | Mariño Gómez, Claudia | |
dc.date.accessioned | 2025-01-30T10:18:41Z | |
dc.date.available | 2025-01-30T10:18:41Z | |
dc.date.issued | 2022 | |
dc.description.abstract | A literatura galega comeza o seu renacer no século XIX nun contexto de reivindicacións nacionalistas que é un eco do movemento que percorre toda Europa dende mediados do século XVIII. Ante a necesidade de xustificar a defensa dunha identidade colectiva diferenciada, imponse o proxecto de recuperar unha historia silenciada e terxiversada dende a cultura hexemónica con intención asimiladora e uniformizadora. Xorde así a través do discurso histórico a postulación da orixe celta do pobo galego, unha idea que funcionará como mythomoteur1 no que se fundamenta a formación discursiva nacionalitaria e que, dende o eido da ideoloxía, se transfire inmediatamente á creación literaria adquirindo unha dimensión estética fundamental. Este mito ten unha eficacia interna extraordinaria para a formación do imaxinario colectivo galego e para a formación discursiva nacionalista, xa que serve para proporcionar unha etnia de identificación —a dos pobos celtas— e, ao mesmo tempo, unha etnia de exclusión fronte á cal pode afirmarse o novo grupo, pois a Galicia celta érguese fronte ao resto da Península de orixe ibera. Seguindo a análise semiolóxica do mito que propón Barthes nas súas Mythologies, no caso do mito celta o "significante" —a reivindicación da orixe celta de Galicia— preséntase unido de maneira natural ao "concepto" —a nacionalidade galega—. A relación que une o concepto do mito á forma é, basicamente, unha relación de deformación (Barthes, 1957: 207) que, neste caso, transmuta a historia en natureza; así pois, o significante parece dar lugar ao significado —a orixe celta xustifica a existencia da nación—, cando en realidade o mecanismo que funciona para crear o mito é o contrario: a necesidade de demostrar a existencia da nación esixe a crenza nun pasado común dende as orixes máis remotas. | mul |
dc.identifier.doi | 10.34623/m8h6-q916 | |
dc.identifier.isbn | 978-989-9127-14-2 | |
dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10400.1/26697 | |
dc.language.iso | mul | |
dc.peerreviewed | yes | |
dc.publisher | Centro de Estudos Galegos do Algarve | |
dc.relation.ispartofseries | Colección Textos e Estudos | |
dc.rights.uri | http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ | |
dc.subject | Volume I | |
dc.title | Apropiación cultural e contradiscurso histórico | mul |
dc.title.alternative | A materia Artúrica na literatura Galega | mul |
dc.type | book | |
dspace.entity.type | Publication | |
oaire.citation.endPage | 176 | |
oaire.citation.startPage | 1 | |
oaire.citation.volume | 1 | |
oaire.version | http://purl.org/coar/version/c_970fb48d4fbd8a85 |