Repository logo
 
Loading...
Thumbnail Image
Publication

Apropiación cultural e contradiscurso histórico

Use this identifier to reference this record.
Name:Description:Size:Format: 
Chus Lama Volume 2 250128 Interativo.pdf1007.66 KBAdobe PDF Download

Advisor(s)

Abstract(s)

A literatura galega comeza o seu renacer no século XIX nun contexto de reivindicacións nacionalistas que é un eco do movemento que percorre toda Europa dende mediados do século XVIII. Ante a necesidade de xustificar a defensa dunha identidade colectiva diferenciada, imponse o proxecto de recuperar unha historia silenciada e terxiversada dende a cultura hexemónica con intención asimiladora e uniformizadora. Xorde así a través do discurso histórico a postulación da orixe celta do pobo galego, unha idea que funcionará como mythomoteur1 no que se fundamenta a formación discursiva nacionalitaria e que, dende o eido da ideoloxía, se transfire inmediatamente á creación literaria adquirindo unha dimensión estética fundamental. Este mito ten unha eficacia interna extraordinaria para a formación do imaxinario colectivo galego e para a formación discursiva nacionalista, xa que serve para proporcionar unha etnia de identificación —a dos pobos celtas— e, ao mesmo tempo, unha etnia de exclusión fronte á cal pode afirmarse o novo grupo, pois a Galicia celta érguese fronte ao resto da Península de orixe ibera. Seguindo a análise semiolóxica do mito que propón Barthes nas súas Mythologies, no caso do mito celta o "significante" —a reivindicación da orixe celta de Galicia— preséntase unido de maneira natural ao "concepto" —a nacionalidade galega—. A relación que une o concepto do mito á forma é, basicamente, unha relación de deformación (Barthes, 1957: 207) que, neste caso, transmuta a historia en natureza; así pois, o significante parece dar lugar ao significado —a orixe celta xustifica a existencia da nación—, cando en realidade o mecanismo que funciona para crear o mito é o contrario: a necesidade de demostrar a existencia da nación esixe a crenza nun pasado común dende as orixes máis remotas.

Description

Keywords

Volume II

Pedagogical Context

Citation

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Publisher

Centro de Estudos Galegos do Algarve

CC License

Altmetrics