Repository logo
 
Publication

A escritura que ilumina. O legado epistolar de José Mejuto Bernárdez (preso antifranquista, 1936-1937)

dc.contributor.authorAlonso Montero, Xesús
dc.contributor.authorRodriguez-González, Olivia
dc.contributor.authorMejuto Soba, Ana Paula
dc.date.accessioned2023-05-31T10:16:12Z
dc.date.available2023-05-31T10:16:12Z
dc.date.issued2020
dc.description.abstractOs autores deste libro demos a coñecer en varios foros e publicacións, desde 2013, a insólita historia das cartas de José Mejuto Bernárdez. Este obreiro republicano fíxoas chegar á súa familia durante os meses de prisión que precederon o consello de guerra do exército sublevado en 1936, que o 12 de maio de 1937 o condenou a morte en Pontevedra. As cartas posúen por moitas razóns un carácter extraordinario. Durante 78 anos permaneceron no ámbito privado dunha familia de Cangas do Morrazo (Pontevedra) terribelmente golpeada pola guerra civil. Sobreviviron a esta e á primeira posguerra en terra hostil e resistiron a emigración a Arxentina —no fondo, un desterro político— do grupo familiar encabezado por mulleres. A viúva, Alejandra Nogueiras Lagoa, foi quen de levalas consigo como cartas de amor que nunca deixaría de reler. Só a morte en 1988 a separaría delas. Tempo despois, unha das netas ofreceuse como depositaria das cartas que coñecera dende nena nas mans da avoa e fixo delas unha lectura atenta. A conmoción que lle produciron a esta neta, Ana Paula Mejuto, cambiaría, segundo explica ela, a súa vida. A partir dese intre procurou canles para darlles nova vida e encetou a escritura dun libro de memoria familiar que logrou rematar en 2009. Mejuto recobraba a vida a través da escritura, na compaña sempre rememorada do outro avó, o rioxano de Cameros Pablo Soba Arenzana, ao que nin tempo lle deixaron para dicir nada, antes de ser paseado en 1936. Tiña Ana Paula Mejuto a convicción de que os dous crimes de guerra deixaran nos descendentes unha fonda pegada en forma de desacougo que nalgúns casos se manifestaba como doenza ou mesmo infortunio. Vía preciso ordenar, narrar e transmitir esa historia familiar oculta tanto tempo. Porque, se daba convertido en memoria pública a que durante tanto tempo fora memoria familiar, de silencio e resistencia, quizais lograría a curación desas feridas da alma.pt_PT
dc.description.versioninfo:eu-repo/semantics/publishedVersionpt_PT
dc.identifier.doi10.34623/81tp-gs43pt_PT
dc.identifier.isbn978-989-9023-04-8
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10400.1/19654
dc.language.isospapt_PT
dc.peerreviewedyespt_PT
dc.publisherCentro de Estudos Galegos. Universidade do Algarvept_PT
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by/4.0/pt_PT
dc.titleA escritura que ilumina. O legado epistolar de José Mejuto Bernárdez (preso antifranquista, 1936-1937)pt_PT
dc.typebook
dspace.entity.typePublication
oaire.citation.conferencePlaceFaropt_PT
person.familyNameRodriguez-González
person.givenNameOlivia
person.identifier.orcid0000-0002-2154-589X
person.identifier.ridI-1705-2015
person.identifier.scopus-author-id37124785300
rcaap.rightsopenAccesspt_PT
rcaap.typebookpt_PT
relation.isAuthorOfPublication42738c96-38fb-4259-a1f8-a581959bc6be
relation.isAuthorOfPublication.latestForDiscovery42738c96-38fb-4259-a1f8-a581959bc6be

Files

Original bundle
Now showing 1 - 1 of 1
No Thumbnail Available
Name:
A ESCRITURA QUE ILUMINA_Web.pdf
Size:
3.81 MB
Format:
Adobe Portable Document Format