dc.contributor.author | Valenciano, Ana | |
dc.date.accessioned | 2023-06-20T16:14:34Z | |
dc.date.available | 2023-06-20T16:14:34Z | |
dc.date.issued | 2017 | |
dc.description.abstract | O romanceiro tradicional, incluído entre os xéneros que teñen como vía de transmisión a oralidade, remóntase nas súas orixes ao pasado medieval, pero mantívose vivo na memoria dos pobos hispánicos ata hoxe. Por iso é preciso distinguir dous períodos neste xénero poético: o chamado romanceiro vello, documentado en manuscritos, pregos soltos e cancioneiros dos séculos XV a XVII e o romanceiro tradicional moderno, cuxa recollida e posterior publicación se iniciou, primeiro en Portugal e pouco despois en España, entrado xa o século XIX. No interregno, o silencio parecía que acalara as voces dos depositarios do romanceiro, porque só pequenos fragmentos incrustados en obras de teatro ou anotacións dispersas informaban da súa supervivencia. Se nos situamos xa no que entendemos por etapa moderna, a difusión territorial do romanceiro abarca virtualmente o mesmo ámbito xeográfico que as linguas en que se expresa: castelán, catalán, portugués, galego e sefardí. O romanceiro galego é, por tanto, unha entre as varias ramas do romanceiro pan-hispánico. Porén, a delimitación de cada unha das ramas do romanceiro ten sempre moito de artificial polo feito de que as fronteiras socioculturais e, en consecuencia, as fronteiras folclóricas non son nunca barreiras na transmisión de novidades. | pt_PT |
dc.description.version | info:eu-repo/semantics/publishedVersion | pt_PT |
dc.identifier.doi | https://doi.org/10.34623/k222-hb41 | pt_PT |
dc.identifier.isbn | 978-989-8859-48-8 | |
dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10400.1/19712 | |
dc.language.iso | spa | pt_PT |
dc.peerreviewed | yes | pt_PT |
dc.publisher | Centro de Estudos Galegos da Universidade do Algarve | pt_PT |
dc.rights.uri | http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ | pt_PT |
dc.title | O romanceiro tradicional de Galicia. Estudo e antoloxía | pt_PT |
dc.type | book | |
dspace.entity.type | Publication | |
oaire.citation.conferencePlace | Faro, Portugal | pt_PT |
rcaap.rights | openAccess | pt_PT |
rcaap.type | book | pt_PT |