Repository logo
 
Loading...
Thumbnail Image
Publication

O léxico do sufrimento nas cantigas de Santa María. Campos sémicos e campos léxicos

Use this identifier to reference this record.
Name:Description:Size:Format: 
O LÉXICO DO SUFRIMENTO_Web.pdf9.3 MBAdobe PDF Download

Advisor(s)

Abstract(s)

O traballo que a continuación presentamos forma parte dunha investigación moito máis extensa, O léxico da afectividade nas Cantigas de Santa María, dirixida polos profesores Pedro Ferré da Ponte e José Luís Rodríguez Fernández. Partindo dunha abordaxe filolóxico-literaria, e multidisciplinar, e da idea da existencia dun léxico amoroso na lírica medieval de ámbito románico, analizamos e reflectimos sobre o léxico afectivo nesta opera magna, en particular a súa permeabilización e adaptación nas cantigas de loor de Afonso X. Ora ben, non se trata dun estudo lexicográfico strictu sensu, dado que nos interesa analizar determinados vocábulos que aparecen carregados de connotacións, condicionadas polo código poético de que forman parte. Pese a que este cancioneiro consta de máis de catrocentas composicións, entre cantigas narrativas -ou de milagre- e as de loor, optamos por reducir o noso corpus de referencia a 62 composicións (42 cantigas de loor, que ocupan o lugar decenal e que simbolizan as contas do rosario; as Festas de Santa María, 410 a 415; e aqueloutras cantigas nas que se relatan os feitos máis importantes da súa vida terreal, 416 a 427), o que non implica descoidar unha ollada, aínda que menos aprofundada, ás primeiras. Mais a nosa escolla non só se debeu á dificultade de abordar tamaño número de composicións, senón tamén ao feito de que as cantigas de loor forman un bloque compositivo perfectamente estruturado e son “cantigas de amor ao divino”, ou sexa, fraguadas nos moldes da cantiga de amor profana.

Description

Keywords

Citation

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Publisher

Centro de Estudos Galegos da Universidade do Algarve

CC License

Altmetrics