Percorrer por data de Publicação, começado por "2016-01-25"
A mostrar 1 - 2 de 2
Resultados por página
Opções de ordenação
- A exploração de padrões em contexto de jardim de infânciaPublication . Lopes, Andreia Filipa Reis; Guerreiro, AntónioA criança tem, desde muito cedo, contacto com a matemática de uma forma natural e espontânea, Ainda sem se aperceber da sua importância e de construir conceitos, a criança tem de interpretar diversas situações e tomar decisões onde a matemática está implícita.
- O léxico da afectividade nas Cantigas de Santa MariaPublication . Vilar, Maria Jesus Botana; Ferré, Pedro; Fernández, José Luís RodríguezA nosa investigación tenta analizar e reflectir, desde un punto de vista filolóxico e literario, sobre o léxico afectivo nas Cantigas de Santa María, de Afonso X o Sabio. Ora ben, dado que este cancioneiro consta de máis de catrocentas composicións, entre cantigas narrativas - ou de milagre - e as de loor, centramos o noso estudo nas segundas. Mais a nosa escolla non só se debeu á dificultade de abordar tamaño número de composicións, senón tamén ao feito de que as cantigas de loor forman un bloque compositivo perfectamente estruturado e son ‘cantigas de amor ao divino’, ou sexa, fraguadas nos moldes da cantiga de amor profana. Para levar a cabo esta investigación tivemos que realizar un paso previo, isto é, un Pre-proceso que consistiu en crear a nosa propia base de datos, tomando como referencia a edición de Walter Mettmann (Clásicos Castalia); o paso seguinte foi procurar un software que, aplicado a este corpus, nos permitise obter un índice contextualizado e porcentual do uso de cada un dos vocábulos. A segunda fase da nosa investigación consistiu en clasificar os campos semánticos, para o que tivemos en conta os motivos que definen o proceso amoroso nas cantigas de loor, así como definir as familias léxicas que os compoñen. Todo isto permitiunos examinar como o rei Sabio, botando man do vocabulario estereotipado para a lírica trobadoresca, o resemantiza para crear un novo código estético, o cal está deseñado a partir da confluencia de varias tradicións, entre as que sobresaen os himnos litúrxicos, a teoloxía e a cantiga de amor. Fusión da que xermolan composicións ataviadas estruturalmente con roupaxes profanas e conceptualmente deseñadas sobre o que denominamos amor caritativo.
