| Name: | Description: | Size: | Format: | |
|---|---|---|---|---|
| 241.62 MB | Adobe PDF | |||
| 1.94 MB | Adobe PDF |
Authors
Advisor(s)
Abstract(s)
A nosa investigación tenta analizar e reflectir, desde un punto de vista filolóxico
e literario, sobre o léxico afectivo nas Cantigas de Santa María, de Afonso X o Sabio.
Ora ben, dado que este cancioneiro consta de máis de catrocentas composicións, entre
cantigas narrativas - ou de milagre - e as de loor, centramos o noso estudo nas segundas.
Mais a nosa escolla non só se debeu á dificultade de abordar tamaño número de
composicións, senón tamén ao feito de que as cantigas de loor forman un bloque
compositivo perfectamente estruturado e son ‘cantigas de amor ao divino’, ou sexa,
fraguadas nos moldes da cantiga de amor profana.
Para levar a cabo esta investigación tivemos que realizar un paso previo, isto é,
un Pre-proceso que consistiu en crear a nosa propia base de datos, tomando como
referencia a edición de Walter Mettmann (Clásicos Castalia); o paso seguinte foi
procurar un software que, aplicado a este corpus, nos permitise obter un índice
contextualizado e porcentual do uso de cada un dos vocábulos.
A segunda fase da nosa investigación consistiu en clasificar os campos
semánticos, para o que tivemos en conta os motivos que definen o proceso amoroso nas
cantigas de loor, así como definir as familias léxicas que os compoñen.
Todo isto permitiunos examinar como o rei Sabio, botando man do vocabulario
estereotipado para a lírica trobadoresca, o resemantiza para crear un novo código
estético, o cal está deseñado a partir da confluencia de varias tradicións, entre as que
sobresaen os himnos litúrxicos, a teoloxía e a cantiga de amor. Fusión da que xermolan
composicións ataviadas estruturalmente con roupaxes profanas e conceptualmente
deseñadas sobre o que denominamos amor caritativo.
Description
Tese de doutoramento, Literatura, Faculdade de Ciências Humanas e Sociais, Universidade do Algarve, 2016
